LA CLAVE DEL ÉXITO por Cintia García Vegas

Hola chicos,

en esta ocasión os traigo un avance de lo que va a ser mi próximo reportaje. Estoy trabajando muy duro para conseguiros la mejor información y traeros el mejor trabajo posible; así que espero que  os guste.

A continuación os expongo a modo de guiones las principales características de mi reportaje y las partes en las que se va a dividir:

  • Introdución 

As escasas oportunidades laborais e o contexto de crise económica que acompaña ó noso país dende o 2008 marcan as pautas de crecemento das novas xeracións de estudantes. Nesta situación xa non basta con estudar titulacións universitarias e especializarse, agora a clave está en coñecer o maior número de idiomas. ¿Estarán os estudantes galegos preparados para esta nova situación?

  •  Obxectivos 

Co documento que se vai desarroiar, preténdese facer unha análise sobre o nivel de competencias lingüísticas dos estudantes galegos en idiomas estranxeiros. Así mesmo, preténdese realizar unha comparación entre os niveis acadados en Galicia, España e o resto de Europa, para ofrecer unha visión global da situación dos estudantes da nosa comunidade e unha proxección das súas posibilidades laborais.

  • Xustificación

Esta reportaxe nace nun momento de cambio dos modelos sociais e globalización, na que a importancia dos coñecementos lingüísticos é clave para o desarroio profesional e social.

  • Metodoloxía 

Procederase a realizar unha análise sobre o nivel de idiomas dos estudantes galegos partindo dos datos proporcionados por fontes de ensinanza oficiais de idiomas na nosa comunidade. Por un banda, utilizaranse os datos sobre o número de matriculados e idiomas cursados nas Escolas de Idiomas de Galicia. Para isto establécese contacto con membros da directiva das distintas Escolas de Idiomas Oficiais de Galicia:

CALVO Blanco, Nuria. Vicedirectora da Escola Oficial de Idiomas da cidade da Coruña. Contáctase con ela para obter datos referentes as matriculacións na Escola dos últimos anos e unha visión sobre a evolución neses anos.

CONSTENLA Bergueiro, Gonzalo. Director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela (EOI Santiago). Aporta a súa visión persoal sobre os coñecementos lingüísticos dos novos estudantes no ámbito das linguas estranxeiras e a súa evolución ó longo dos anos.

FERNÁNDEZ Pacheco, Isabel de la Cruz. Vicedirectora da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela (EOI Santiago). Ofrece datos sobre as matriculacións na Escola dende o curso 2013-214.

GONZÁLEZ Fernández, Mª Cristina. Directora da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOI Vigo). Contáctase en calidade de directora para coñecer os datos  sobre as matriculacións dos últimos anos na Escola e a súa visión sobre a situación dos estudantes e os seus coñecementos en idiomas.

LUAÑA Fontán, Jose Manuel. Director da Escola Oficial de Idiomas da cidade de Pontevedra (EOI Pontevedra). Ofrece unha entrevista en calidade de director aportando datos sobre as matriculacións no centro e os niveis e idiomas máis demandados.

MOURET, Blandine. Directora da Escola Oficial de Idiomas da cidade de Lugo (EOI Lugo) e xefa do departamento de Francés. Contactouse con ela para obter información sobre o número de alumnos matriculados e os idiomas impartidos, ademais dos niveis máis demandados. Ofrece ademais unha entrevista en calidade de profesora de francés, ofrecendo a súa visión sobre os coñecementos de idiomas dos alumnos actuais en comparación cos estudantes de xeracións anteriores.

Búscanse tamén datos proporcionados por outros organismos de ensinanza de idiomas, tales como o Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela e academias de idiomas, xa que constitúen un dos pilares de desenvolvemento das competencias lingüísticas e, por tanto, da miña investigación. Contáctase neste ámbito coa directora do Centro de Linguas Modernas, Katerina Vlasakova, quen aporta datos sobre o número de matriculacións nos últimos anos a evolución dos idiomas máis solicitados.  Ofrece, ademais, unha visión persoal sobre a importancia dos idiomas e asituación na que se encontran os estudantes nos nosos días.

A isto súmanselles entrevistas persoais a alumnos, realizadas de maneira presencial en distintos centros da nosa Comunidade e a través de enquisas en redes sociais como Facebook e Twitter. As preguntas aportan información sobre o nivel de coñecementos lingüísticos dos estudantes («que idiomas estudades, que nivel, por qué…). 

Cóntase tamén coa opinión de docentes, cubrindo as dúas liñas de investigación principais con entrevistas a catedráticos de Filoloxía e profesorado de idiomas en Educación Secundaria. En canto o ámbito universitario, no momento de realización deste documento, cóntase coa participación de Francisco J. Fernández Polo,catedrático de Filoloxía Inglesa e Filoloxía Alemana. Contactado en calidade de docente universitario para obter a súa visión sobre a importancia dos idiomas na sociedade actual e a situación na que cree que se atopan as novas xeracións de estudantes. Tamén se conta coa paticipación de Javier Gutiérrez, Filólogo Hispánico e Italiano. Ofrece a súa visión persoal sobre a evolución do nivel de coñecementos lingüïsticos entre os estudantes e incide na importancia destes para.

No ámbito da Educación Secundaria contarase con entrevistas a Estrellla Camba Pardo, filóloga francesa e profesora de Francés en Educación Secundaria no IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña. Ofrece unha visión persoal sobre a aprendizaxe das linguas estranxeiras das novas xeracións de estudantes, incidindo na importancia destas para o seu futuro profesional. Tamén aporta unha análise subxectiva sobre as causas que desembocan nun abandono das  linguas estranxeiras por parte do alumnado, tales como a indiferenza familiar ou a escaseza de medios económicos. Tamén se conta coas declaracións de Julia Castro Conejo, filóloga inglesa e profesora de Inglés en Educación Secundaria no IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña. Aporta a súa percepción persoal sobre os coñecementos dos alumnos, ademais dunha reflexión sobre o futuro das linguas e a súa importancia no desenvolvemento tanto social como profesional das persoas.

Para poder ofrecer unha análise clara e concisa, completarase con datos procedentes de distintos estudos da Comisión Europea e o Goberno de España.

Procederase, así, a unha posta en común da información obtida e unha comparación e estudo desta, puidendo facerse fronte ós obxectivos da reportaxe.

  • Estrutura do traballo 

A reportaxe presentará unha estrutura circular e un estilo redaccional literario. Comezarase contando ó testemuño dunha estudante, xa que se trata dunha das protagonistas do estudo (é unha estudante que estuda distintos idiomas e niveis). Isto servirá como introdución para dar paso a investigación en si mesma. Esta parte incluirá todos ós datos recollidos sobre o nivel de competencias lingüísticas e unha análise comparativa dos mesmos. Engadirase, ademais, unha evolución temporal e todas aquelas declaracións obtidas a través das diversas fontes, acompañándose de gráficos e imaxes explicativas que faciliten a compresión da información e a reafirmen.

Para rematar, retomarase a historia inicial para marcar o desenlace da reportaxe  e as conclusións finais.

  • Fontes (según apuntes)

GUTIÉRREZ, Maite: «Informe PISA: España no alcanza la media y Catalunya se mantiene». La Vanguardia, 3 diciembre 2013. <http://www.lavanguardia.com/vida/20131203/54394756490/informe-pisa-espana-catalunya.html&gt; [Consulta 23 octubre 2015]

INSTITUTO DE EVALUACIÓN. «Evaluación general de diagnóstico 2010. Educación Secundaria Obligatoria. Segundo curso. Informe de resultados.» Madrid 2011.

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades (España). «Sistema estatal de indicadores de la educación. Edición 2012». Subdirección General de Documentación y Publicaciones, Madrid. <http://www.mecd.gob.es/dctm/inee/indicadores-educativos/seie2012.pdf?documentId=0901e72b81477552&gt; [Consulta 20 octubre 2015]

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades (España). «Panorama de la Educación: indicadores de la OCDE 2014. Informe Español». Subdirección General de Documentación y Publicaciones, Madrid.  <http://www.mecd.gob.es/dctm/inee/indicadores-educativos/panorama2014/panorama2014web.pdf?documentId=0901e72b81b20622&gt; [Consulta 20 octubre 2015]

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Subdirección General de Cooperación Internacional (España).  «Marco Común Europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación». Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Madrid. <http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf&gt; [Consulta: 21 octubre 2015]

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Subdirección General de Cooperación Internacional (España). «Sistema estatal de indicadores de la educación 2015». Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Madrid. <http://www.mecd.gob.es/dctm/inee/indicadores-educativos/seie-2015-final-web.pdf?documentId=0901e72b81e3f62e&gt; [Consulta 20 octubre 2015]

OECD. «OECD Skills Outlook 2015: Youth, Skills and Employability», OECD Publishing. <http://dx.doi.org/10.1787/9789264234178-en&gt; [Consulta 21 octubre 2015]

PENELAS, Sandra: «La demanda cae en la Escuela de Idiomas», Faro de Vigo (Vigo) (17.10.2015).